27-03-2018- Angel Folgueira

¡Esta Semana Santa ven a la Ribeira Sacra!

¡Esta Semana Santa ven a la Ribeira Sacra y vive una experiencia única!

En Monforte de Lemos, su capital, encontrarás el mayor centro comercial de la comarca con más de 150 negocios a tu disposición: servicios, ocio, moda, gastronomía...

Como cada año por Semana Santa, el Consorcio de Turismo da a conocer algunos de los recursos y productos más destacados de esta espectacular comarca gallega: Programa de actividades Semana Santa 2018

¡Ven a Monforte de Lemos y siente la lemosía! ;)

¡TE ESPERAMOS!










22-02-2018- Angel Folgueira

Comerciais da compañía eléctrica Xenera visitan os establecementos asociados de Monforte tras a firma do convenio co CCU

-Co obxectivo de obter unhas condicións preferentes de subministración de enerxía para os seus asociados, o CCU Monforte asinou recentemente un acordo de colaboración coa compañía eléctrica galega XENERA, subministradora de gas e electricidade, así como doutros produtos e servizos enerxéticos.

-Tras a firma do convenio, comerciais da compañía eléctrica galega, iniciaron esta semana a visita aos establecementos asociados para ofrecer as tarifas especiais acordadas.

Ver convenio con Xenera (só para asociados ao CCU Monforte)










13-01-2018- Angel Folgueira

O pasado 9 de xaneiro entregáronse os premios da campaña #BoletosconPremioCCU na sede da asociación.

- O Samsung Galaxy Note 8 foi entregado a Noela Figueiras Gómez, residente en Abesta, na parroquia de Vilelos (O Saviñao), pero cliente habitual do CCU Monforte. Foi ela quen atopou o boleto premiado en Santiveri Monforte.

- A recoller a viaxe a Milán achegouse Francisco Rodríguez Álvarez en representación da súa parella María Paz Rodríguez Martínez, a afortunada clienta cuxo boleto de Peluquerías Bolboreta resultou agraciado no sorteo da viaxe. Ambos son residentes en Monforte e tamén clientes habituais dos comercios da nosa cidade.

Os premios foron entregados pola presidenta da asociación de comerciantes de Monforte (CCU) en representación dos máis de 150 establecementos asociados grazas aos cales podemos levar a cabo todas estas iniciativas.

Compra no CCU Monforte, o teu centro comercial na Ribeira Sacra, e sinte lemosía!










03-11-2017- Angel Folgueira

O dixital Galicia Confidencial entrevista a Ángel Folgueira, xerente e responsable de redes sociais do CCU Monforte

No Centro Comercial Urbano de Monforte apostan pola forza da unión entre comerciantes, pola boa xestión dos recursos, polo potencial da Ribeira Sacra como xeodestino turístico e polo aproveitamento de Internet e as redes sociais para acadar un comercio de proximidade competitivo.

Falamos con Ángel Folgueira, xerente e xestor de redes sociais da asociación de comerciantes de Monforte de Lemos. Entre outras cousas cóntanos a súa experiencia, de que vai a simpática campaña #EuSintoLemosía e dos retos do comercio local de Monforte.

Ler entrevista










© 2017 . Todos los derechos reservados | Página oficial del CCU de Monforte | Diseño by 27400.com