13-02-2020 - CCU Monforte

XA TEMOS GAÑADORES DO SORTEO DE SAN VALENTÍN 2020 DO CCU MONFORTE

Entre o 1 e o 11 de febreiro, todos os clientes que realizaron unha compra ou contrataron un servizo nalgún dos 150 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte puideron participar no sorteo dos 4 "Packs Especiais San Valentín" que puxemos en xogo durante esta campaña.

Unha vez revisados todos os rexistros realizados na nosa páxina Web, e despois de eliminar os tickets que non cumprían os requisitos (fóra de prazo, duplicados, de negocios non asociados, etc.), procedimos ao sorteo dos 4 packs entre as máis de 500 compras rexistradas segundo as bases do sorteo, sendo os gañadores:

CRISTINA GARCÍA ÁLVAREZ por realizar unha compra en CHUS BOUTIQUE

Cena para dous no Restaurante O Grelo, copas no Cantón de Bailén e peiteado e maquillaxe en Peluquerías Bolboreta

ALICIA ESTIVALIS TOIRÁN por realizar unha compra na FARMACIA MADRIÑÁN

Cena para dous no Restaurante Manuel Bistró, copas no Awa Monforte e peiteado e maquillaxe en Peluquería Princess

NATIVIDAD RUIZ LÓPEZ por facer unha consumición no BAR CRISTAL

Cena para dous no Centro do Viño, copas no Bar Cristal e peiteado e maquillaxe en Peluquería Princess

MANUEL ÁLVAREZ RODRÍGUEZ por facer unha compra en CAPRICHOS

Cena para dous no Hotel Cardenal, almorzo en Mon ComeySueña e peiteado e maquillaxe en Peluquería Glamour

Parabéns a todos eles e moitas grazas por apostar polo comercio local de Monforte. Comprar no CCU, ten premio!










© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com