27-06-19 - CCU Monforte

O sábado 29 de xuño... II Choiva de Globos con Premios do CCU!

Este sábado, durante a Fashion Night 2019 organizaremos unha nova Choiva de Globos con Premios, será ás 23.15h na Praza de España.

1.000 globos, 500 máis que o ano pasado, "choverán" repartindo numerosos premios entre os os asistentes ao evento, entre eles 750€ para gastar esa mesma noite antes da 01.30 horas nalgún dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte.

7 dos globos conterán os seguintes 7 premios:

- Un premio de 250€ (5 vales de 50€)

- Un de 150€ (3 vales de 50€)

- Dous de 100€ (2 vales de 50€)

- Tres de 50€ (1 vale de 50€)

AVISO:

Os premios serán entregados en vales de 50€ que irán selados polo CCU. Cada vale deberá ser gastado integramente nunha mesma tenda pero a mesma persoa non poderá gastar máis de 50€ por tenda. O prazo para gastar ese diñeiro finalizará esa mesma noite á 01.30h.

Ven a vivir unha noite de moda e festa co CCU e proba sorte! ;)










© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com