25-10-18 - CCU Monforte
Degustación de castañas no Magosto do CCU!
Di o refrán que "Polo San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño", por iso, coa chegada do mes de novembro o comercio asociado de Monforte tamén organizará o seu propio Magosto.
Os máis de 150 negocios asociados ao CCU Monforte aproveitarán tan sinalada data para obsequiar aos seus clientes cun cornete de castañas ata fin de existencias. Sera o venres día 2.
Ás 17.30 horas chegará á Praza de España un tren asador de castañas que permanecerá alí ata as 20.30 horas.
COMO CONSEGUIR O TEU CORNETE DE CASTAÑAS?
Pasa pola Praza de España no horario indicado e presenta ao asador de castañas un ticket de compra, ou a suma de varios tickets, por un importe mínimo de 10 euros. Só serán válidos os tickets de negocios asociados ao CCU Monforte con data do 2 de novembro de 2018.
Unha vez teñades as castañas, recomendamos que vos acheguedes ata algún dos bares asociados ao CCU e que as acompañedes dun rico viño da DO Ribeira Sacra.
Na seguinte ligazón podedes ver todos os establecementos asociados ao CCU: http://ccumonforte.com/socios.php
Twittear