26-01-20 - CCU Monforte

VOLVE A FEIRA DE OPORTUNIDADES DE INVERNO DO CCU

A fin de semana do 29 de febreiro e 1 de marzo, o Centro Comercial Urbano de Monforte organizará unha nova Feira de Oportunidades de Inverno na Praza de Abastos.

As 17 tendas asociadas que participan nesta ocasión,  Cactus Rose , Doble M, Sabrina Moda, The Closet, F&M Moda, Chus Boutique, Mimos, Kukin Calzado Infantil y Juvenil, Colorin Colorado Monforte, Da Nosa Terra, Calzados Aira,  Boutique Flora, Mercería Carmen, Carpe Diem, Miruxa Store e Peques, ofrecerán grandes descontos de fin de tempada  en moda, calzado, bebé, complementos, decoración ou mercería,  superando nalgúns casos o 70%

A cita que marca o final do inverno para o comercio monfortino xa está en marcha, non cha perdas!

-Horario:

Sábado 29 febreiro:

- Mañá: 10.00h a 13.30h

- Tarde: 17.00h a 20.30h

Domingo 1 marzo:

- Mañá: 11.00h a 13.30h

- Tarde: 17.00h a 20.30h

Nos próximos días atoparás fotos e máis información nas nosas redes sociais co hashtag #AsOportunidadesDoCCU










© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com