17-12-19 - CCU Monforte
HORARIOS PARA VISITAR A PAPÁ NOEL NO TREN DO CCU MONFORTE
Grazas ao comercio asociado... este Nadal volve Papá Noel a Monforte de Lemos!!!
Gustaríache visitalo no tren do CCU? Pois se es cliente do Centro Comercial Urbano de Monforte poderalo facer os días 22, 23 e 24 de decembro presentando os tickets de compra dalgún dos 150 establecementos asociados.
Estes tickets de compra, válidos con data do 15 de decembro ou posterior, darán acceso, por orde de chegada e ata que se esgoten as prazas, a un adulto acompañado de dous nenos como máximo (só poderán acceder adultos sen nenos no caso de que algunha das viaxes non se complete).
Rutas para visitar a Papá Noel no Tren do CCU (saídas e chegadas sempre desde a Praza de España)
DOMINGO 22 de decembro:
- Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h (rutas para visitar a Papá Noel no Barrio da Estación)
- Tarde: saídas ás 16.00h, 17.00h e 18.00h (rutas para visitar a Papá Noel na Compañía, xunto ao Bar Cristal)
LUNS 23 de decembro:
- Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h (rutas para visitar a Papá Noel nos Chaos)
- Tarde: saídas ás 16.00h, 17.00h e 18.00h (rutas para visitar a Papá Noel na Avda. de Galicia, fronte aos Xulgados)
MARTES 24 de decembro:
- Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h (rutas para visitar a Papá Noel na Praza Doutor Goyanes)
- Tarde: saídas ás 16.45h e 17.45h (rutas para visitar a Papá Noel na Rúa Cardenal)
Ubicación de Papá Noel e horarios (visitas sen tren)
DOMINGO 22 de decembro:
- Mañá: de 11.30h a 13.30h estará na Praza da Estación
- Tarde: de 16.30h a 18.30h estará na Compañía (xunto ao Bar Cristal)
LUNS 23 de diciembre:
- Mañá: de 11.30h a 13.30h estará nos Chaos
- Tarde: de 16.30 a 18.30h estará na Avda. de Galicia (fronte aos Xulgados)
MARTES 24 de decembro:
- Mañá: de 11.30h a 13.30h estará na Praza Doutor Goyanes
- Tarde: de 16.30h a 18.30h estará na Rúa Cardenal (zona Banco Pastor)
Twittear

