27-06-19 - CCU Monforte

Varios veciños de Monforte e turistas sóbense á alfombra vermella do CCU para participar no casting da #StreetFashionMonforte 2019

O vindeiro sábado 29 de xuño volven a Monforte as noites temáticas do CCU e este ano estreámonos coa Fashion Night 2019.

Son varias as actividades que estamos a organizar para ese día entre elas a III Edición da #StreetFashionMonforte, as exhibicións de moda a pé de rúa do comercio monfortino. Durante esta actividade poderás gozar de varios pases de moda en distintas rúas da nosa cidade e observar de preto as distintas prendas e complementos cedidos polas tendas asociadas ao Centro Comercial Urbano de Monforte coas que desfilarán os modelos amateur seleccionados onte durante o casting que se celebrou ás 20.30h na Rúa Cardeal.

Ademais, se che gustan algunhas desas prendas ou complementos poderalos adquirir inmediatamente despois dos pases de moda grazas ao horario especial de apertura das tendas entre as 20.30h e a 01.30h da madrugada.

Deixamos a continuación varias fotos do casting de onte como adianto ao que nos espera este próximo sábado, non cho perdas! ;)

Fotos Casting #StreetFashionMonforte 2019










© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com