FEIRA DE OPORTUNIDADES DE INVERNO DO CCU 2022 (19 e 20 de marzo)
Volven as oportunidades do Centro Comercial Urbano de Monforte!

 

Despois de dous anos de parón por culpa da pandemia da Covid, o CCU de Monforte organizará, o fin de semana do 19 e 20 de marzo (sábado e domingo), unha nova Feira de Oportunidades de Inverno na Praza de Abastos de Monforte de Lemos.

As 17 tendas asociadas que participan nesta ocasión; Mercería Carmen, Mimos, Cactus Rose, Peques, Carpe Diem, Trivoli, Kukin, Colorín Colorado, Sapitos y Sirenas, Sabrina Moda, F&M Moda, The Closet, Doble M, Calzados Aira, A&N Moda, Da Nosa Terra e Chus Boutique, ofrecerán grandes descontos de fin de tempada superando nalgúns casos o 70% en moda, calzado, bebé, complementos, decoración e mercería.

A cita que marca o final do inverno para o comercio monfortino xa está en marcha, ven a visitarnos!

Horario:

Sábado 19 marzo:
- Mañá: 10.00h a 13.30h
- Tarde: 17.00h a 20.30h

Domingo 20 marzo:
- Mañá: 11.00h a 13.30h
- Tarde: 17.00h a 20.30h

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com