VOLVE O AUTOCINE LEMOSÍA DO CCU MONFORTE (20, 21 e 22 de agosto)

 


Dentro das campañas de dinamización comercial que se organizan desde o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU), este ano volvemos apostar por unha actividade inédita en Monforte ata o ano pasado, o Autocine Lemosía 2021.

Ata fin de existencias, os clientes que fagan un gasto mínimo de 20€ nalgún dos establecementos asociados ao CCU poderán vivir a experiencia dun Autocine, por segunda vez en Monforte de Lemos. Será a fin de semana do 20, 21 e 22 de agosto no aparcadoiro do Parque dos Condes.



XA TES O BONO CO CÓDIGO NECESARIO PARA RESERVAR A TÚA PRAZA?

As prazas son limitadas!, así que pica xa no botón que verás a continuación e asegura canto antes a túa praza no Autocine:

RESERVA XA A TÚA PRAZA NO AUTOCINE! 

 



          Reservar praza



Se ten algunha incidencia coa reserva de praza contacte con: soporte@emesports.es



AÍNDA NON TES O BONO CO CÓDIGO NECESARIO PARA RESERVAR A TÚA PRAZA? ASÍ O PODES CONSEGUIR!

    • Se es cliente do Centro Comercial Urbano de Monforte e fas un gasto mínimo de 20€ nalgún dos establecementos asociados, podes solicitar o teu bono cun código de reserva de praza (Ata fin de existencias. Cada negocio asociado contará con 25 códigos para repartir entre os seus clientes)
    • Unha vez teñas o teu bono co código, entra canto antes en www.ccumonforte.com/autocine e fai a túa reserva. As prazas son limitadas, 100 por película, se deixas para última hora é probable que quedes sen sitio, reserva xa!

IMPORTANTE:

    • Os bonos cos códigos necesarios para reservar a túa praza non dan acceso directo ao Autocine, só serven para facer a reserva nesta páxina Web



CARTELERA


VENRES 20 DE AGOSTO:


20.15h VOLANDO JUNTOS. Ano 2019. 113 min. (Ver máis información)

23.15h EL HOMBRE INVISIBLE. Ano 2020. 124 min. (Ver máis información)

Aberto o prazo para reserva de prazas 


SÁBADO 21 DE AGOSTO:


20.15h TRASTO. Ano 2019. 87 min. (Ver máis información)

23.15h ADÚ. Ano 2020. 119 min. (Ver máis información)

Aberto o prazo para reserva de prazas 


DOMINGO 22 DE AGOSTO:


19.15h LA GALLINA TURULECA. Ano 2020. 79 min. (Ver máis información)

22.15h HASTA QUE LA BODA NOS SEPARE. Ano 2020. 110 min. (Ver máis información

Aberto o prazo para reserva de prazas 


Ven a Monforte de Lemos, compra no comercio local e… vive unha experiencia de película!

 


AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com