CONVENIO EL PROGRESO 2020.

 

 

Como axuda para a promoción durante este ano 2020 dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte, e dado o interese que estamos seguro despertará nos seus lectores, o CCU chegou a un acordo de colaboración con El Progreso de Lugo para publicar na edición impresa, cada luns durante o próximo ano, unha publireportaxe a páxina completa dun establecemento asociado máis o agasallo de 100 xornais para que o negocio distribúa entre os seus clientes.  COMO NOVIDADE ESTE ANO, A REPORTAXE TAMÉN SE PUBLICARÁ NA VERSIÓN DIXITAL DO XORNAL. Cun custo de 65€,  o CCU subvencionará 15€ para que os nosos asociados só teñan que pagar 50€ (ive incluído) por este servizo.

As empresas asociadas poderán publicitar os seus produtos, falar dos servizos que prestan, das súas especialidades ou calqueira outro argumento que queiran utilizar para darse a coñecer.

A espera de que a proposta resulte de interese para os nosos asociados quedamos a súa disposición para ampliar canta información estimen oportuna a través das canles habituais de comunicación coa xerencia do CCU Monforte (xa é posible reservar data para as publireportaxes) 

Achegamos a continuación un exemplo dunha publireportaxe xa publicada o ano pasado grazas a este novo convenio.

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com