XORNADA INFORMATIVA EN MONFORTE SOBRE AS NOVAS LIÑAS DE AXUDAS PARA COMERCIANTES, AUTÓNOMOS E SECTOR HOSTALERÍA E TURISMO

 

 

A solicitude de subvencións sempre xera numerosas dúbidas entre os comerciantes, por iso este ano organizaremos en Monforte, coa colaboración da Xunta de Galicia, unha xornada informativa á que poderán asistir todos os asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte. Será o vindeiro mércores 20 de febreiro a partir das 20.30 horas na sede do CCU (Rúa Zapaterías, nº 1, baixo - torreón do cárcere vello).

Persoal técnico dos distintos departamentos darán a coñecer as liñas fundamentais de acceso a cada unha das axudas que neste momento están en prazo de convocatoria, cunha quenda final para resolver posibles dúbidas dos asistentes.

En principio, a relación de axudas a explicar son:

- IGAPE: Creación de PEMES por novos emprendedores, así como Proxectos de investimento para a ampliación en PEMES xa en funcionamento. Liña de microcréditos e programas de financiación ante problemas puntuais de tesourería. Subvencións para o comercio (modernización, dixitalización, artesanía)

- CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA:  Orde de axudas para promoción do emprego autónomo para empresas de nova creación. Orde de axudas para contratación indefinida de persoas asalariadas. Orde de axudas para consolidación de proxectos empresariais.

- GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: Liña de axudas para financiar proxectos de iniciativas con e sen ánimo de lucro.

- TURISMO DE GALICIA :Plan MAT de mellora de aloxamentos turísticos (actuacións de accesibilidade, modernización, incremento da categoría, mellora de servizos ou aforro enerxético)

- IGAPE - Reforma TUR 2019: Adquisición de materiais para rehabilitación e mellora de hoteis, hoteis balnearios e hoteis talaso, albergues do camiño de Santiago e casas de turismo rural no camiño de Santiago

O aforamento é limitado polo que se estás interesado en asistir deberás avisar con antelación á xerencia do CCU a través das canles habituais de comunicación.

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com