Campaña de Sensibilización del CCU 2019 (Setembro 2019)

 

O CCU de Monforte inicia este mes de setembro unha campaña de sensibilización na rúa para despois levala a internet.

Enterramos ao comercio local?

O Centro Comercial Urbano de Monforte quere buscar a sintonía coa cidadanía e coñecer as súas demandas para ofrecer o que a xente necesita. 

Nos próximos días facilitaremos na nosa páxina Web unha  enquisa sobre hábitos de consumo e demandas respecto do comercio local. Esta enquisa, que tamén terán os negocios asociados para poñer ao dispor dos seus clientes, ofrecerá información moi valiosa para saber que deben ofrecer aos veciños e para coñecer que demandan na súa relación co comercio local.
 

O pasado sábado 7 de setembro, as inquedanzas do sector trasladáronse á rúa escenificando un peche masivo do comercio local que mostrou como sería a nosa cidade sen negocios. Ademais, nalgúns destes comercios, leváronse a cabo varias 'perfomances' para mostrar as preocupacións ás que se enfrontan no día a día e para incidir no importante papel do comercio para a dinamización económica de Monforte e a súa comarca.

Na segunda semana de setembro, a campaña de sensibilización continuou coa colocación de vinilos informativos nas princiais rúas comerciais da cidade e co reparto de flyers que entregaron aos clientes nos distintos comercios asociados explicando o que supón que os veciños e veciñas compren nos comercios locais e o que supón que non o fagan. Se mercamos no comercio local todos axudamos a dinamizar a economía da cidade e contribuimos a mellorar o lugar no que vivimos. Se non mercamos no comercio local condenámolo a desaparecer, condenámolo a morrer.

O día 19 de setembro ás 20.30 na Praza de España prepararémonos para o funeral do comercio local. Haberá lectura de manifesto afondando na filosofía coa que naceu o CCU, seguida dunha marcha funeral para rematar nun panexírico no que insistir en que o comercio local é un bo veciño para Monforte... que non debemos deixar morrer!

Convídase aos comercios e establecementos de Monforte e a todos os veciños, a participar desta convocatoria que percorrerá varias rúas do centro da cidade para rematar novamente na Praza de España coa lectura do panexírico. Necesitamos rexurdir o comercio local e contribuír a facer da nosa cidade un lugar mellor, co dinamismo económico que a ten caracterizado.

Desde o CCU queremos chegar con esta campaña de sensibilización a todos os veciños, por iso dedicimos comezar na rúa e na relación directa coa cidadanía e toda esa experiencia grabala en vídeo e fotografiala para distribuila a través de Internet. Moi atentos nos próximos días as nosas redes sociais e páxina Web.

Buscamos mellorar para tí e que nos axudes a que poidamos mellorar para todos.

Elixe onde vives, axuda a que a túa cidade siga viva!!!



 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com