FASHION NIGHT 2018 (Sábado 30 Xuño de 2018)
Volven as noites temáticas de verán do CCU! Este sábado 30 de xuño ven a vivir a Fashion Night 2018 ao Centro Comercial Urbano de Monforte!
Numerosas tendas asociadas ao CCU abrirán a noite do próximo sábado en horario especial, entre as 20.30h e a 01.30h da madrugada, para ofrecer grandes descontos aos seus clientes.
1.- II Edición da #StreetFashionMonforte, as exhibicións de moda a pé de rúa. Os horarios e lugares de celebración destes pases son:
- 20.00h Rúa Cardenal
- 21.00h Rúa Hermida Balado
- 22.00h Rúas Doutor Teijeiro e Comercio
Varios veciños de Monforte e arredores vivirán a experiencia de ser modelos por un día desfilando coas prendas e complementos cedidos por varias tendas asociadas ao CCU. Algúns nenos e probablemente dous adultos, home e muller, serán seleccionados para desfilar na próxima Pasarela Monforte Monumental do 8 de setembro xunto aos modelos profesionais.
2.- I Choiva de globos con premios
Sorteamos 650€ para comprar esa noite nos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte!
A partir das 22.45h, uns 500 globos "choverán" sobre a Praza de España repartindo varios premios, cinco deles en metálico(un de 200€, outro de 150€ e 3 de 100€)
AVISO:
Os premios serán entregados en vales de 50€ que irán selados polo CCU. Cada vale deberá ser gastado integramente nunha mesma tenda pero a mesma persoa non poderá gastar máis de 50€ por tenda. O prazo para gastar ese diñeiro finalizará esa mesma noite á 01.30h.
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!