PROGRAMA DE FORMACIÓN EN ESCAPARATISMO & VISUAL MERCHANDISING (Xoves 14 de xuño de 2018)


 

Da man de Plus Value Marketing e Retail Services, empresa referente no sector, o vindeiro xoves 14 de xuño terá lugar en Monforte unha sesión formativa en Escaparatismo & Visual Merchandising exclusiva para socios do Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU).

Desde Barcelona desprazaranse dous profesionais da citada empresa, entre cuxos clientes atopamos marcas como Adidas, Desigual, Quicksilver, FC Barcelona, Sony, Nike, TheNorthFace, HushPuppies, etc., co obxectivo de levar a cabo unha sesión conceptual e práctica que axude a desenvolver as habilidades e competencias fundamentais necesarias para un bo Visual Merchandising e Escaparatismo entre os nosos asociados.


1. OBXECTIVO

Creación e desenvolvemento de conceptos/experiencias no punto de venda, incrementar o atractivo do PdV, aumentar a afluencia de potenciais clientes e seducilos ata xerar neles unha experiencia positiva e predisposición á compra, potenciando o “Sell - Out” da marca.


2. FASES E METODOLOXÍA

Co obxectivo de desenvolver unha boa formación e lograr unha aprendizaxe significativa, a capacitación estará composta por dous módulos:

1. Formación teórica (3 horas aprox.)

2. Formación práctica/Workshop (3 horas aprox.)


Módulo 1. Formación Teórica & Conceptual

13:30h a 16:30h (3 horas. Ofreceranse uns pinchos aos asistentes)

Neste módulo traballásense os temas máis relevantes asociados á creación e xestión de Escaparates e Interior de Punto de Venda (Visual Merchandising):

- Conceptos básicos a considerar nun Punto de Venda: público obxectivo, xestión de espazos, xestión de categorías, sistemas de seguimento e control

- Escaparates: estrutura, altura, espazo, equilibrio, iluminación, cores, señalética

- Visual Merchandising no interior do Punto de Venda: punto de pago, perfilados, alturas , implantación, orde, iluminación, señalética, material PLV.

- Factor humano: frecuencias e cambios, sistema de avaliación e medida.


Módulo 2. Formación Práctica

Probablemente de 19.30h a 22.30 h (3 horas aprox.)

Este módulo, será eminentemente práctico. A formación realizarase a través de visitas a algúns Puntos de Venda do Centro Comercial Urbano. Observaremos, analizaremos e utilizaremos os conceptos aprendidos durante a mañá. Farase unha crítica construtiva e comparativa, veremos as súas fortalezas así como as oportunidades de mellora. Igualmente os asistentes deberán poñer a proba as súas habilidades traballando sobre un escaparate apoiados polo profesor/especialista en Visual Merchandising e Escaparatismo.


3. RECURSOS

Plus Value designará dúas persoas responsables para a execución do programa de formación:

1 Especialista en Visual Merchandising & Escaparatismo.

1 Consultor Senior Retail.

Jorge Puig (socio director de Plus Value), licenciado en Dereito e MBA por Esade, foi relator en numerosos programas de formación de retail e Visual Merchandising e desempeñou funcións de alta dirección en diferentes compañías como Levis ou Pronovias. É docente/profesor na escola de moda IED (Instituto Europeo Dei Design).

Ana Vigil: Especialista en Escaparatismo & Visual Merchandising. Imparte programas de formación en Escaparatismo e VM.


4. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN

Xoves 14 de xuño de 2018

Salón de usos múltiples situado no patio do Centro do Viño da Ribeira Sacra

Rúa Comercio, nº 6

27400 - Monforte de Lemos

 "Ver tríptico da actividade"


AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com