MONFORTE EN NEGRO. Do 19 ao 25 de novembro

 

 

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres,  o concello de Monforte participa na organización conxunta dunha campaña de sensibilización, baixo a denominación En Negro Contra as Violencias, co obxectivo de acadar unha resposta unánime de toda a sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. E como non podía ser doutra maneira, aí estará o comercio asociado de Monforte para apoiar esta iniciativa dun gran calado social.

 

O Centro Comercial Urbano de Monforte vestirá de negro as rúas da nosa cidade en sinal de dor e loito por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta a máis dura das súas consecuencias, a morte. Porque consideramos que temos que ser o gran escaparte que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos un Monforte  libre de violencias machistas!

 

Do 19 ao 25 de novembro, viste a túa tenda, comercio, empresa, bar, posto do mercado, etc. de negro, viste os manequíns, os manteis do teu restaurante, ou a ti mesmo/a de negro e axuda a difundir na Rede esta iniativa.

 

Esta campaña desenvolverase conxuntamente con outras 102 vilas e cidades galegas baixo o lema En Negro Contra As Violencias co obxectivo de poñer sobre as axendas, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machista como un problema público, de toda a cidadanía, agradecendo a vosa colaboración para divulgar esta  iniciativa entre o maior número de persoas posible.

 

Consulta toda a información no seguinte enlace: https://ennegrocontraasviolencias.gal/

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com