XORNADA EN PRL NO PEQUENO COMERCIO. 30 de Outubro

 

O CCU de Monforte, en colaboración coa Federación Galega de Comercio, organiza a xornada que leva por título: “DÚBIDAS HABITUAIS NA POSTA EN MARCHA DE PLANS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO PEQUENO COMERCIO”, que terá lugar en Monforte, o vindeiro martes 30 de outubro, na sede da nosa asociación (Rúa Zapaterías, 1 - torreón da cárcere vella), a partir das 20:00 horas.

A xornada é gratuita previa inscrición. Como o aforo é limitado terán acceso preferente os propietarios ou empregados dos negocios asociados ao CCU. Para facer a inscrición só é necesario enviar a admin@ccumonforte.com os seguintes datos:

- Nome e apelidos

- Entidade e cargo

- Se es socio ou non do CCU Monforte

- Teléfono de contacto (se non es asociado ao CCU)

- Se es autónomo/a ou traballador/a por conta allea

Esta Xornada enmárcase dentro do proxecto: XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORÁIS NO PEQUENO COMERCIO, que conta co financiamento da Xunta de Galicia.

Con este proxecto preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e a traballadores do pequeno comercio; previr riscos, adoptar pautas de acción seguras e saudables e diminuir a sinistralidade laboral, entre outros obxectivos.


 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com