RUEIRO COMERCIAL ONLINE E OFFLINE DE MONFORTE. (Agosto)

 

Seguindo a liña de apostar por actividades novidosas para o comercio de Monforte e que á súa vez xeren un beneficio directo a todos os nosos asociados, creamos un rueiro comercial de Monforte que se reparte entre os nosos clientes desde o mes de agosto.

Este rueiro, en formato de folleto despregable, contén distinta información dos negocios asociados ao CCU Monforte, información como a súa localización exacta nun mapa, fotos dos comercios, información turística de interese, servizos do centro comercial urbano e alguna cousiña máis. Puxéronse en circulación 4.000 unidades.

Ademais, para permitirnos mantelo actualizado no tempo se fixo unha adaptación dixital do rueiro que incorporamos a esta páxina Web dotándoa así dun novo servizo acorde ás novas tendencias de compra en liña.

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com