NOITE BRANCA 2018. (11 de Agosto)
Por segunda ocasión este verán, os comercios de Monforte vestirán as súas mellores galas para acoller aos numerosos turistas e veciños que, aproveitando o inicio das festas nesta ocasión, sairán ás rúas de Monforte para gozar dunha noite moi especial na nosa cidade.
A Noite Branca é unha festa do comercio eminentemente nocturna na que as tendas asociadas abren en horario especial entre as 21.00h e a 01.30h da madrugada engalanándose e decorando os escaparates segundo a temática desta noite e aproveitando a ocasión para ofrecer aos seus clientes grandes descontos nos seus produtos e servizos.
Ademais, algúns establecementos obsequiarán aos seus clientes e amigos con mesas doces, aperitivos e bebidas para incentivar e contribuír o ambiente festivo das rúas.
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!