TIROLINA, ROCÓDROMO E CIRCUITO MULTIAVENTURA 2018 (Xullo e Agosto)

 

Es un adicto/a as emocións fortes? Gustaríache saber que sente o teu corpo suspendido a varios metros de altura? Pois compróbao ti mesmo na tirolina que instalará o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU) na Praza Campo da Compañía. Ademais, tamén poderás gozar dun rocódromo e dun circuíto multiaventura.

Con esta novidosa atracción turística en Monforte de Lemos, o CCU espera a compracer aos nosos veciños e turistas máis aventureiros do 28 de xullo ao 6 de agosto. Pura adrenalina no corazón da Ribeira Sacra!

 

COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA

As entradas só se poderan conseguir facendo unha compra nalgún dos máis de 150 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte (visita o apartado "Asociados" desta páxina Web para coñecer os negocios asociados). Cada entrada dará acceso gratuíto só a unha das actividades: tirolina, rocódromo ou circuito multiaventura, ti escolles!

Ollo! Tamén debes estar atento ás nosas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible que regalemos algunhas entradas especiais... se es un/unha dos/as nosos/as seguidores/as!

 

HORARIO

 A tirolina, o rocódromo e o circuíto multiaventura estarán abertos ao público no seguinte horario:

- Mañás: de 10.00h a 13.00h

- Tardes/Noites: de 19.00h a 24.00h

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com