NOITE BRANCA E FESTA DA AUGA (17 e 18 de xuño de 2017)



Como cada ano durante o verán, os comercios de Monforte vestiron as súas mellores galas para acoller aos numerosos turistas e veciños que, aproveitando o bo tempo, sairon ás rúas para gozar da nosa cidade.  Durante esta época do ano o CCU aproveita para dinamizar aínda máis a actividade comercial e aumentar as opcións de lecer da nosa vila organizando distintas festas temáticas. Este ano, unha delas foi a Noite Branca ou Ibicenca, unha festa que vimos repetindo durante os últimos anos grazas á boa acollida que ten entre os nosos clientes e os propios comerciantes.


Estas festas temáticas de verán, son festas eminentemente nocturnas nas que as tendas abren en horario especial ata a madrugada engalanándose e decorando os escaparates segundo a temática desa noite e aproveitando a ocasión para ofrecer aos seus clientes grandes descontos nos seus produtos e servizos. Algúns establecementos ademais obsequiaron aos seus visitantes con mesas doces, aperitivos e bebidas para incentivar as compras, fidelizar e contribuír o ambiente festivo das rúas.
Ademáis este ano, cada compra durante a noite Ibicenca daba acceso ao día seguinte á festa da auga, festa onde os máis pequenos puideron gozar de inchables acuáticos e dun canón de escuma.


Durante esta noite tamén se organizaron uns talleres orientados aos máis pequenos nos que aprenderon a maquillarse e a realizar pulseiras seguindo a temática dunha xornada de compras moi especial.


Catro DJs de Monforte ambientaron as rúas coa súa música.


AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com