FEIRA DE OPORTUNIDADES DE INVERNO


O fin de semana do 18 e 19 de marzo, aproveitando a festividade de San Xosé, o CCU de Monforte organizou unha nova feira de Oportunidades de Inverno.
As 19 tendas asociadas que participaron nesta ocasión, La Bamba, Tienda de Laura, Calzados Aira, Hoja de Lata, Colorin Colorado, Boutique Menchu, Nita Veiga, La Pepa Complementos, The Closet, Doble M, Kukin Calzado Infantil, Innova, Mimos, Mercería Carmen, La Fabrika Outlet, Cactus Rose, Galaecia, F&M Moda e Chus Boutique, ofreceron aos seus clientes descontos de ata un 70% en roupa, calzado, complementos e artigos de agasallo e decoración.
A cita que marca o final do inverno para o comercio monfortino tivo, un ano máis, unha gran afluencia de público.


AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com