MERCADO DE NADAL (días 9 e 10 de decembro)


Dentro das actividades de Nadal da Praza de Abastos, o CCU de Monforte organizou un Mercado de Nadal os días 9 e 10 de decembro.
Neste mercado participaron varios establecementos asociados como Tien 21 Raúl e hijos, Mimos, Infocopy, OZ Mercería, Galaecia, Bazar Lago, A Pepa Complementos, Millar Electromundo e Calzados Aira.
Grazas á ampla variedade de produtos, como camisetas, computadores, drons, equipos multifunción, música, impresoras, televisións, complementos para bebé, electrodomésticos, bolsos, bufandas ou coches radiocontrol, foi unha gran oportunidade para comprar os nosos agasallos de nadal.
Ademais os máis peques da casa puideron gozar duns divertidos talleres organizados para a ocasión por Party Globos. Ensinóuselles a crear distintas máscaras de nadal e puideron pousar nun divertido 'photocall'.
Durante todo o fin de semana viviuse un gran ambiente e foron moitos os monfortinos que pasaron polo mercado.


AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com