O PAGO DOS DEREITOS DE AUTOR A EXAME (18 de setembro)



Existen alternativas gratuítas e válidas para escoitar música ou ver a televisión nos nosos negocios sen pasar pola caixa da SGAE e doutras entidades de xestión de cobro de dereitos de autor. Sabes como? Esta foi a temática central da sesión que se desenvolveu o pasado 18 de setembro.


Falouse non só dos dereitos de autor, senón tamén das entidades que os xestionan, vías para evitar o pagamento e a análise de casos que, por impago, chegaron aos xulgados. O obxectivo foi explicar a regulación de entidades de dereitos de autor, como é a SGAE, e en que circunstancias se debe pagar polo emprego de, por exemplo, cancións, textos ou películas suxeitos a este tipo de dereitos.


O curso durou hora e media aproximadamente e ao mesmo asistiron varios dos nosos asociados.
O relator foi o avogado da Unión de Consumidores de Galicia Félix Caramés Blanco.

 

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com