FASHION NIGHT 2017 (11 agosto de 2017)
Seguindo coas noites temáticas de verán, este ano fixemos coincidir a Fashion Night, noite adicada ao mundo da moda, co inicio das festas patronais de Monforte. A idea foi aproveitar a gran afluencia de xente que acude ese día a nosa cidade e mostrar así a gran oferta comercial de Monforte e incentivar as ventas entre os nosos clientes habituais e turistas.
Desde as 20.00 horas da tarde, as principais rúas comerciais de Monforte, ambientadas por distintas actuacións musicais, viviron tres espectaculares exhibicións de moda a pé de rúa onde as tendas monfortinas puideron mostrar os seus mellores produtos de tempada e todo o seu potencial.
Os modelos que pasaron a roupa, seleccionados previamente no casting que se realizou o 7 de agosto con gran participación, foron todos veciños e veciñas da nosa cidade, moitos deles tamén clientes, que puideron sentirse por un día como grandes estrelas da pasarela.
As tendas asociadas abriron novamente en horario especial ata a madrugada e decoraron os seus escaparates coas súas mellores galas ademais de aplicar grandes descontos nos seus produtos e servizos.
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!