CAMPAÑA DE NADAL (Decembro de 2016)


Dada a importancia de tan sinalada data para o comercio de proximidade, desde o CCU de Monforte quixemos apostar por unha actividade totalmente nova en Monforte e que espertase un gran interese.
Con esta campaña buscamos un dobre obxectivo, por un lado implicar a todos os nosos asociados e por outro seguir concienciado aos nosos veciños e turistas da importancia da aposta polo comercio local, xa non só como un dos principais motores da nosa economía senón tamén como un dos principais xeradores das actividades de lecer da nosa cidade.
Para iso, e aproveitando ademais para facer unha chiscadela ao mundo do ferrocarril tan ligado á nosa cultura, o tren turístico Aba Sacra encargouse de percorrer durante tres días, do 21 ao 23 de decembro, as principais rúas de Monforte coa misión de levar aos nosos veciños, especialmente aos máis peques, de visita a Papá Noel. Onde senón en Monforte as visitas a Papá Noel íanse facer en tren! :)
Aproveitando a súa estancia en Monforte, Papá Noel visitou durante eses tres días distintos lugares da nosa cidade onde atendeu as peticións dos máis pequenos, recolleu as súas cartas e repartiu caramelos entre todos os presentes acompañado por un buzón máxico e distintas figuras de nadal recreadas con globos como un boneco de neve, unha árbore de nadal, renos, etc. deseñados por Party Globos.
A actividade foi todo un éxito, rompendo todas as nosas previsións e xerando un importante movemento de xente nas rúas de Monforte, veciños e turistas que para poder gozar desta visita a Papá Noél antes tiñan que pasar polos establecementos asociados ao CCU e facer unha pequena compra coa que obter o ticket que lles daba acceso ao tren.


AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com