OBXECTIVOS

Entre os obxectivos do Centro Comercial Urbano de Monforte destacan os seguintes:

- Defensa da zona comercial de Monforte, especialmente dos intereses dos seus asociados.

- Dinamización da actividade comercial e prestación de servizos que axuden á mellora, optimización e modernización dos seus negocios.

- Potenciar a marca CCU Monforte, vinculada á calidade e bo servizo dos seus establecementos, para competir con outras ofertas comerciais.

- Contribución á mellora social e económica da nosa cidade en beneficio de todos os nosos veciños e turistas.


SERVIZOS


O Centro Comercial Urbano de Monforte ofrece unha ampla gama de servizos aos seus asociados entre os que destacan:

- Oficina de atención ao asociado, aberta de luns a venres, con punto de acceso a Internet.

- Participación gratuíta nas campañas de animación e promoción comercial organizadas ou vinculadas a esta asociación.

- Subministración de información periódica de interese (subvencións, liñas de finanzamento, normativa, novidades en lexislación, calendario laboral, etc.)

Asesoramento

- Interlocución e xestións ante a Administración

- Promoción de produtos e servizos a través das nosas canles nas Redes Sociais, Páxina Web e Catálogo Online.

- Posibilidade de acollerse a convenios asinados polo CCU (entidades bancarias, medios de comunicación, transporte, etc.)

Formación específica (cursos e xornadas técnicas e informativas)

- Presentación de empresas (os asociados poden ofrecer os seus servizos ao resto do colectivo e presentar ofertas ou descontos)

- Promoción gratuíta na prensa local con anuncios conxuntos dos asociados participantes nas distintas actividades organizadas por esta asociación.

- Subministración periódica de material promocional

- Integración na Federación Galega de Comercio como asociado ao CCU Monforte


AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com