O mais recente...

 

II As compras na tua vila teñen premio

25-Abr-16

A Federación Galega de Comercio e o CCU de Monforte, presentarono día 25 de Abril unha campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, desenrólase na vila dende hoxe luns, 25 de abril  e ata o 6 de maio. A iniciativa premiará con 4.000 euros a confianza no comercio retallista da cidade, sorteándose 5 tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros.

            Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional de Monforte poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na rúa Cardenal ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da cidade, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 6 de maio, nunha carpa ubicada na Praza de España, dentro do programa dunha festa final de campaña que contará coa actuación do mago Rei Midas. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

            A campaña será publicitada nos establecementos de Monforte, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.

            A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Comercio e o CCU de Monforte. Tamén colaboran as Federacións Provinciais de Comercio, ABANCA; Novogal e o Grupo Femxa. Trátase da novena edición desta campaña, que ata o mes de outubro desenrolarase en catro vilas galegas, entre elas Monforte.

            A presentación esta mañá contou coa presencia do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; a  súa homóloga no CCU de Monforte, Mª José Senra; o alcalde de Monforte, José Tomé; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; e o director de Zona Sur de Lugo de ABANCA, Alberto López Sánchez

II Festa do Comercio e Xuventude

01-Abr-16

O 1 de abril celebrouse a segunda festa do comecio e da xuventude de Monforte.... o exito desta festa foi incalculable, repartironse 3000 euros en vales de compra, e contaronse por miles as persoas que disfrutaron deste tremenda festa. A lavor solidaria do CCU volveu aparecer facendo unha colecta de alimentos para caritas.

 

 

 

Pista de Xeo

do 19-Mar-16 o 29-Mar-16

Durante toda a semana santa, Monforte dispuxo dunha pista de xeo, para o disfrute de todolos veciños, todos os comercios e hosteleria asociada dipoñia de vales de desconto para a pista de xeo sintetico. Foron perto de 5000 as persoas que disfrutaron da pista de patinaxe.

Outra das grandes campañas que dende o CCU se propoñia xa dende o seu comenzo e que foi de gran aceptación polo publico.