A VOLTA AO COLE CO CCU DE MONFORTE É MÁIS DIVERTIDA!


TRES GRANDES INCHABLES E 500€ EN PREMIOS

 

A campaña Volta ao Cole regresa un ano máis da man dos comerciantes asociados ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte. Nesta edición, a Praza de España volverá converterse nun gran espazo de lecer para que nenos, nenas e familias poidan gozar dunha xornada chea de diversión.
 
A programación incluirá tres grandes inchables deportivos e recreativos, ademais do IV Concurso de Puntería do CCU, no que se repartirán 500€ en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.
 
 
DATA E LOCALIZACIÓN
A actividade celebrarase o venres 4 de setembro de 2026 na Praza de España de Monforte de Lemos.
 
 
HORARIO
As actividades desenvolveranse en horario de mañá e tarde:
Mañá: de 12:00 a 14:00h
Tarde: de 18:00 a 20:00h*
 
*IV Concurso de Puntería: ás 18:30h
 
 
COMO SE PODE PARTICIPAR? É GRATIS?
O acceso ás actividades será gratuíto presentando un ou varios tickets de compra de establecementos asociados ao CCU que sumen, como mínimo, 10€. Só serán válidos os tickets con data do 20 de agosto de 2026 ou posterior.
 
Deste xeito, o CCU quere premiar a fidelidade das persoas que realizan as súas compras no comercio local e converter a preparación da volta ás aulas nunha experiencia diferente e divertida.
 
 
 
IV CONCURSO DE PUNTERÍA DO CCU
DEMOSTRA A TÚA PUNTERÍA E GAÑA ATA 300€!
 
Tes bo toque de balón? Demóstrao no IV Concurso de Puntería do CCU e poderás gañar un dos tres premios en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.
 
As persoas participantes deberán demostrar a súa precisión lanzando balóns a unha diana xigante inchable e sumar a maior cantidade de puntos posible.
 
 
COMO SE PODE PARTICIPAR NO CONCURSO?
Para participar será necesario:
 
1. Estar presente antes das 18:30h na Praza de España, xunto á diana xigante, e comunicar aos monitores o interese en participar. As inscricións pecharanse ás 18:30 h e non será posible anotarse unha vez iniciado o concurso.
2. Presentar un ou varios tickets de compra de establecementos asociados ao CCU que sumen, como mínimo, 10€. Só serán válidos os tickets con data do 20 de agosto de 2026 ou posterior.
3. Ser maior de idade ou, no caso das persoas menores, participar acompañadas por unha persoa proxenitora ou representante legal.
 
 
CALES SON OS PREMIOS?
O concurso repartirá un total de 500 € entre as tres persoas que obteñan as mellores puntuacións:
 
Primeiro premio: 300€ en vales de compra (6 vales de 50 €).
- Segundo premio: 150€ en vales de compra (3 vales de 50 €).
- Terceiro premio: 50€ nun vale de compra.
 
 
CAL SERÁ A MECÁNICA DO CONCURSO?
A mecánica concreta explicarase no propio recinto antes do comezo do concurso, xa que poderá adaptarse en función do número de persoas inscritas e do tempo dispoñible.
 
Cada participante terá que realizar un número determinado de lanzamentos á diana xigante e obterá unha puntuación en función dos seus resultados. As mellores puntuacións permitirán acceder á fase final, da que sairán as tres persoas gañadoras. En caso de empate, a organización establecerá os lanzamentos de desempate necesarios para determinar a clasificación definitiva.
 
O CCU de Monforte poderá adaptar a mecánica ou modificar as condicións do concurso cando resulte necesario para garantir o seu correcto desenvolvemento, así como aprazar ou cancelar a actividade por causas de forza maior.
 
 
CONDICIÓNS DE USO DOS VALES
1.Todos os premios entregaranse en vales de compra de 50€.
2. Cada vale deberá canxearse integramente e dunha soa vez nun único establecemento asociado ao CCU de Monforte.
3. Se o importe da compra é inferior a 50€, perderase a diferenza e non se devolverá cambio. Se é superior, a persoa premiada deberá aboar a cantidade restante.
4. Os vales non son fraccionables nin poden trocarse por diñeiro.
5. Cada persoa premiada poderá utilizar un máximo de dous vales, por un importe total de 100€, nun mesmo establecemento asociado.
6. Tanto as persoas premiadas como os establecementos deberán comprobar que se respecta o límite máximo de dous vales da mesma persoa en cada negocio.
7. Os vales poderán utilizarse ata o domingo 20 de setembro de 2026, incluído. Unha vez superada esa data, perderán a súa validez e non poderán ser aceptados polos establecementos asociados.
 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2026 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com