FÓRA STOCKS MONFORTE, ESTE VERÁN O COMERCIO SAE Á RÚA
Dezaoito establecementos ofrecerán os días 7 e 8 de agosto descontos que, nalgúns casos, superarán o 70%
O venres 7 e o sábado 8 de agosto, as rúas de Monforte encheranse de oportunidades coa celebración de Fóra Stocks Monforte, unha nova campaña impulsada polo CCU de Monforte para dinamizar as compras e achegar á cidadanía as mellores ofertas do comercio local.
Durante estas dúas xornadas, 18 establecementos participantes sacarán á rúa unha selección dos seus produtos con importantes descontos que, nalgúns casos, poderán superar o 70%.
Unha ocasión irrepetible para renovar o armario, descubrir novos produtos ou darse ese capricho que leva tempo agardando, a prezos incribles.
Os establecementos participantes son:
Calzados Losal, Náyades, Intima’s Lencería, Nuvé Olá, Cactus Rose, Malena, Sabrina Moda, OZ Mercería, Chuladas y Más, Kukin Calzado Infantil, Da Nosa Terra, FYM Moda, Librería Pelayo, Mercería Carmen, Papelería Cruceiriño, OVS, Dos Pies Zapatería e Librería Agrasar.
Cada establecemento ofrecerá as súas promocións no seu horario comercial habitual, trasladando parte da súa oferta á rúa para crear un ambiente comercial dinámico, próximo e cheo de vida durante a fin de semana anterior ás Festas Patronais de Monforte.
Fóra Stocks Monforte non é só unha campaña de descontos, senón tamén unha invitación a percorrer as rúas da cidade, descubrir a variedade do comercio local e aproveitar algunhas das mellores oportunidades do verán.
Os días 7 e 8 de agosto, achégate, déixate sorprender e goza do comercio de Monforte dun xeito diferente.
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!


