EXPERIENCIA FERRARI EN MONFORTE 2026
O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte presenta unha das súas campañas máis espectaculares: a Experiencia Ferrari en Monforte 2026, unha oportunidade única para poñerse ao volante dun Ferrari F430 F1 e vivir unha auténtica experiencia de condución en estrada aberta.
Nesta edición repartiranse 8 experiencias de condución, que se poderán conseguir de tres formas diferentes:
- As 5 “cestas da compra” de maior importe gañan directamente unha experiencia
- Entre o resto de participantes que cumpran os requisitos, sortearanse 2 experiencias
- Ademais, haberá unha última oportunidade o sábado 16 de maio, cun sorteo en directo
Para participar, só tes que mercar nos establecementos asociados ao CCU, rexistrar os teus tickets e acumular importe na túa “Cesta da Compra”.
Podes consultar toda a información detallada nas Bases da campaña
Accede directamente á aplicación para rexistrarte e subir os teus tickets en: www.experienciasccumonforte.com
Non perdas a oportunidade de vivir esta experiencia única en Monforte de Lemos!
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!


