EXPERIENCIA FERRARI EN MONFORTE 2026
 
Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte presenta unha das súas campañas máis espectaculares: a Experiencia Ferrari en Monforte 2026, unha oportunidade única para poñerse ao volante dun Ferrari F430 F1 e vivir unha auténtica experiencia de condución en estrada aberta.

Nesta edición repartiranse 8 experiencias de condución, que se poderán conseguir de tres formas diferentes:

- As 5 “cestas da compra” de maior importe gañan directamente unha experiencia
- Entre o resto de participantes que cumpran os requisitos, sortearanse 2 experiencias
- Ademais, haberá unha última oportunidade o sábado 16 de maio, cun sorteo en directo

Para participar, só tes que mercar nos establecementos asociados ao CCU, rexistrar os teus tickets e acumular importe na túa “Cesta da Compra”.

Podes consultar toda a información detallada nas Bases da campaña
 
Accede directamente á aplicación para rexistrarte e subir os teus tickets en: www.experienciasccumonforte.com
 
Non perdas a oportunidade de vivir esta experiencia única en Monforte de Lemos!

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2025 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com