O COCIDO DAS MEIGAS VOLVE A MONFORTE... E TRAE 200€ EN PREMIOS PARA GASTAR NO CCU
 
Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte colabora de novo coa XVIII edición de Estase Cocendo, iniciativa organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) baixo a marca «…E para comer, Lugo». Do 7 ao 22 de marzo de 2026, a Ribeira Sacra énchese de sabor co cocido de Entroido e cun programa cheo de propostas: degustacións, visitas guiadas, quedada moteira… e unha das citas máis singulares e esperadas: O Cocido das Meigas, o sábado 21 de marzo en Monforte de Lemos, xunto co V Aquelarre das Meigas.
 
200€ en premios para mercar no comercio local
Con motivo desta xornada especial, o CCU sorteará 200€, repartidos en 10 vales regalo de 20€, entre as persoas que participen na comida de O Cocido das Meigas.
 
Onde se poden canxear os vales?
Os vales só se poderán trocar nos establecementos asociados ao CCU que se adhiran á iniciativa e que ese día se sumen á ambientación con decoración temática de meigas.
 
Importante: xunto con cada vale, as persoas gañadoras recibirán o listado de negocios participantes nos que o poden canxear.
 
15 días para gozar do premio
As persoas premiadas dispoñerán de 15 días para facer efectivo o vale nos establecementos colaboradores.
 
Un sábado para vivir Monforte “meigo”
O 21 de marzo, Monforte converterase nun escenario especial: gastronomía, tradición e ambiente nas rúas… e escaparates “meigos” que farán do paseo polo comercio local un plan diferente, divertido e cheo de encanto.
 
Máis información sobre o Estase Cocendo na Web da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL)
 
Algo Estase Cocendo… en Monforte de Lemos!

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2025 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com