VOLVE A TIROLINA DO CCU MONFORTE! (Do 25 de Xullo ao 3 de Agosto)
Es un adicto/a as emocións fortes? Gustaríache saber que sente o teu corpo suspendido a varios metros de altura? Pois compróbao ti mesmo na tirolina que instalará o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU) na Praza Campo da Compañía. Ademais, tamén poderás gozar dun rocódromo e dun circuíto de obstáculos.
Con esta atracción turística en Monforte de Lemos, o CCU espera a compracer aos nosos clientes máis aventureiros do 25 de xullo ao 3 de agosto. Pura adrenalina no corazón da Ribeira Sacra!
COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?
Sendo unha actividade organizada polo comercio asociado de Monforte coa finalidade de premiar aos seus clientes, as entradas só se poderan conseguir facendo unha compra mínima de 10€ nalgún dos máis de 150 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte (pica aquí para ver os negocios asociados ao CCU). Cada entrada dará acceso gratuíto só a unha das actividades: tirolina, rocódromo ou circuito multiaventura, ti escolles!
Ollo! Tamén debes estar atento ás nosas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible que regalemos algunhas entradas especiais... se es un/unha dos/as nosos/as seguidores/as!
HORARIO
A tirolina, o rocódromo e o circuíto de obstáculos estarán abertos ao público no seguinte horario:
- Mañás: de 10.00h a 13.00h
- Tardes/Noites: de 19.00h a 24.00h
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!
© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com