Campaña de Sensibilización del CCU 2019 (Setembro 2019)
O CCU de Monforte inicia este mes de setembro unha campaña de sensibilización na rúa para despois levala a internet.
Enterramos ao comercio local?
O Centro Comercial Urbano de Monforte quere buscar a sintonía coa cidadanía e coñecer as súas demandas para ofrecer o que a xente necesita.
O pasado sábado 7 de setembro, as inquedanzas do sector trasladáronse á rúa escenificando un peche masivo do comercio local que mostrou como sería a nosa cidade sen negocios. Ademais, nalgúns destes comercios, leváronse a cabo varias 'perfomances' para mostrar as preocupacións ás que se enfrontan no día a día e para incidir no importante papel do comercio para a dinamización económica de Monforte e a súa comarca.
Na segunda semana de setembro, a campaña de sensibilización continuou coa colocación de vinilos informativos nas princiais rúas comerciais da cidade e co reparto de flyers que entregaron aos clientes nos distintos comercios asociados explicando o que supón que os veciños e veciñas compren nos comercios locais e o que supón que non o fagan. Se mercamos no comercio local todos axudamos a dinamizar a economía da cidade e contribuimos a mellorar o lugar no que vivimos. Se non mercamos no comercio local condenámolo a desaparecer, condenámolo a morrer.
O día 19 de setembro ás 20.30 na Praza de España prepararémonos para o funeral do comercio local. Haberá lectura de manifesto afondando na filosofía coa que naceu o CCU, seguida dunha marcha funeral para rematar nun panexírico no que insistir en que o comercio local é un bo veciño para Monforte... que non debemos deixar morrer!
Convídase aos comercios e establecementos de Monforte e a todos os veciños, a participar desta convocatoria que percorrerá varias rúas do centro da cidade para rematar novamente na Praza de España coa lectura do panexírico. Necesitamos rexurdir o comercio local e contribuír a facer da nosa cidade un lugar mellor, co dinamismo económico que a ten caracterizado.
Desde o CCU queremos chegar con esta campaña de sensibilización a todos os veciños, por iso dedicimos comezar na rúa e na relación directa coa cidadanía e toda esa experiencia grabala en vídeo e fotografiala para distribuila a través de Internet. Moi atentos nos próximos días as nosas redes sociais e páxina Web.
Buscamos mellorar para tí e que nos axudes a que poidamos mellorar para todos.
Elixe onde vives, axuda a que a túa cidade siga viva!!!
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!
© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com