CONVENIO EL PROGRESO 2019.
Como promoción para os asociados do Centro Comercial Urbano de Monforte, e dado o interese que estamos seguro despertará nos seus lectores, o CCU chegou a un acordo de colaboración con El Progreso de Lugo para publicar, cada luns durante o próximo ano, unha publireportaxe a páxina completa dun establecemento asociado máis o agasallo de 100 xornais para que a empresa distribúa entre os seus clientes por un importe de 65€ IVE incluído. Dese importe o CCU subvencionará 15€ para que o custo final para os nosos asociados sexa só de 50€ (ive incluído).
As empresas asociadas poderán publicitar os seus produtos, falar dos servizos que prestan, das súas especialidades ou calqueira outro argumento que queiran utilizar para darse a coñecer.
A espera de que a proposta resulte de interese para os nosos asociados quedamos a súa disposición para ampliar canta información estimen oportuna a través das canles habituais de comunicación coa xerencia do CCU Monforte (xa é posible reservar data para a túa publireportaxe)
Achegamos a continuación un exemplo dunha publireportaxe xa publicada grazas a este novo convenio.
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!
© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com