Web en galego mediante o servicio de traducción automática do instituto Cervantes
Noticias | Enlaces | Contacto | Presentación

Menú principal
Inicio
Presentación
Sugerencias
Empleo
Encuestas
Enlaces web
Noticias
Carta del Presidente
Acceso asociados





¿Recuperar clave?

Financiado a través del Plan de Consolidación y Competitividad de la PYME 2000-2006
Visitar www.igape.es
www.ccumonforte.com 
Inicio
Mercado das prantas e flores e O Dia do Libro Imprimir E-Mail
miércoles, 20 de mayo de 2009

O pasado fin de semana das Letras Galegas o Centro Comercial Urbano de Monforte voltou sair as ruas.

Na rúa do Cardeal puídose disfrutar do Mercado das prantas e flores e o Dia do Libro en colaboración con oito comerciantes monfortinos e ca estimable presencia do escritor monfortino D. Manuel Veiga que firmou exemplares durante toda a xornada.

Na praza de España estivo a alternativa para os nenos con inchables e a festa da espuma a cal tivo que ser suspendida por mor do tempo.

Os visitantes puideron disfrutar da 1ª Degustación do Tronco Compaía Bar, doce elaborado polo responsable e asociado o CCU, e dos xeados mantecados vendidos polo Comité e Xerencia do Centro Comercial Urbano de Monforte nos carros do Heladero do ano 53 restaurados por D. Manuel Fernández Mahía para o evento.

Todo esto amenizado pola Tuna Compostelana que percorreu as ruas do centro da cidade.

Modificado el ( miércoles, 20 de mayo de 2009 )
 
Primeira Degustación da Zoca do Espía Imprimir E-Mail
miércoles, 20 de mayo de 2009

O pasado Martes de Pascua o CCU organizou a 1ª Degustación da Zoca do Espía, para o cal ofrecéronse mil zocas para o desfrute de tódolos cidadáns de Monforte que se quixeron achegar ata a rúa Cardeal. As Zocas veñen a ser empanadas dunha menor dimensión ás tradicionáis, elaboradas nos anos 70 na nosa cidade.

O motivo deste acto proposto polo CCU foi apostar por unha maneira diferente de pasar o Martes de Pascua brindando unha alternativa para os adultos e tamén para os nenos, para os cales se puxeron a sús disposición uns inchables que podían disfrutar de maniera gratuita.

 
Premio Feira Medieval Imprimir E-Mail
miércoles, 20 de mayo de 2009
O día 11 de maio o Centro Comercial Urbano fixo entrega do Premio convocado para agasallar ó Mellor Vestuario e Decoración de establecemento, dentro da Feira Medieval celebrada en Monforte a pasada Semana Santa. O gañador resultou ser Confitería - Panadería Moure, que recibiu un bono para desfrutar a estancia dunha noite en habitación dobre no Parador de Monforte de Lemos en réxime de aloxamento, almorzo e cea, todo grazas a colaboración e cortesía desde último.
 
Primeira Exaltación dos Ovos de San Lázaro Imprimir E-Mail
miércoles, 20 de mayo de 2009

O día 27 de marzo o Centro Comercial Urbano de Monforte de Lemos celebrou a 1ª Exaltación dos Ovos de San Lázaro. A tal fin organizouse unha degustación gratuíta da tapa de ovo cocido que tradicionalmente ofrécese nos bares do barrio de Carude. O mesmo tempo os asistentes podían desfrutar dun percorrido en calexa de cabalos dende a Rua Cardeal ata o barrio onde se celebraba as festas de San Lázaro.

Modificado el ( miércoles, 20 de mayo de 2009 )
 
O CCU ten novo Comité Imprimir E-Mail
miércoles, 20 de mayo de 2009

O pasado 9 de febreiro do presente ano 2009 formouse o novo Comité do Centro Comercial Urbano de Monforte de Lemos.

Este órgano atópase encabezado po D. Germán Vázquez Pérez en calidade de Presidente da agrupación, sendo os seus demáis membros: D. Julio Manuel Llano Feijoo (Vicepresidente), D. José Luis Rodríguez Fernández (Secretario), Dña. Purificación Arias González (Tesoureira), D. Alberto M. Alvarez Pollo (Vocal), D. Angel Pérez Vega (Vocal), Dña. Inmaculada Agrasar González (Vocal), Dña. Rosa Iglesias López (Vocal), D. Pablo Rodríguez Rodríguez (Vocal) e Dña. Gloria Vázquez Rodríguez (Vocal).

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 9 de 30

Lista de categorias
Alimentación
Calzado
Deportes
Electricidad
Electrónica
Flores y plantas
Hostelería
Informática
Juegos y juguetes
Librerías
Mobiliario y hogar
Moda
Motor
Música y videos
Ocio y viajes
Óptica y fotografía
Regalos
Salud y belleza
Telefonía
Varios

 
© CCU Monforte de Lemos 2009.
Adaptado por Egacom S.C.